AXUDAS Á APICULTURA

ORDE do 14 de maio de 2021 pola que se establece o réxime de axudas á apicultura e se convocan para o ano 2021 (códigos de procedemento MR506A e MR506B).

Esta orde ten por obxecto establecer, en réxime de concorrencia competitiva, as bases reguladoras das axudas para o fomento daquelas actividades destinadas a mellorar a produción e comercialización dos produtos da apicultura e proceder á súa convocatoria para o ano 2021 (códigos de procedemento MR506A e MR506B).

Liñas de actuación

Liña A. Asistencia técnica a persoas apicultoras e organizacións de persoas apicultoras. A esta liña só poderán optar as cooperativas apícolas, organizacións representativas e asociacións de apicultores con personalidade xurídica propia (código de procedemento MR506B).

Liña A.1. Contratación de persoal técnico e especialistas.

Liña A.2. Organización, celebración e asistencia a cursos de formación e formación continuada.

Liña A.3. Medios de divulgación técnica.

Liña A.4. Contratación de persoal administrativo.

Liña B. Loita contra as agresións e enfermidades da colmea. Todas as axudas poderán ser solicitadas por persoas apicultoras e cooperativas apícolas, organizacións representativas e asociacións de apicultores con personalidade xurídica propia, incluíndo cooperativas de segundo grao.

                Liña B.1. Tratamentos quimioterápicos contra a varroase.

Liña B.2. Tratamentos contra a varroase autorizados pola Axencia Española do Medicamento e Produtos Sanitarios que sexan compatibles coa apicultura ecolóxica

Liña B.4. Uso de produtos autorizados para a alimentación das abellas co fin de mellorar a vitalidade da colmea e renovación e/ou purificación de cera.

Liña B.5. Adquisición de trampas e atraentes para a captura, eliminación e control de Vespa velutina.

Liña C. Racionalización da transhumancia. Esta liña poderá ter como persoas beneficiarias, para as medidas C.3 e C.4, tanto a apicultura estante como a transhumante.

Liña C.1. Adquisición, conservación e mellora dos medios de transporte. Material para o manexo das colmeas.

Liña C.2. Sistemas de protección ou vixilancia antirroubo ou de xeolocalización das colmeas.

Liña C.3. Mellora e acondicionamento de asentamentos, camiños e sendas.

Liña C.4. Cota do seguro de responsabilidade civil das colmeas.

Liña D. Medidas de apoio aos laboratorios de análise de produtos apícolas para axudas ás persoas apicultoras para comercializaren e valorizaren os seus produtos.

Liña D.1. Contratación de servizos de análise do mel e dos produtos apícolas por apicultores profesionais.

Liña E. Medidas de apoio á repoboación dos efectivos apícolas.

                Liña E.1. Investimentos para a cría de raíñas.

Liña E.2. Adquisición de raíñas de razas e/ou subespecies autóctonas para reposición de baixas, sempre que se cubran as necesidades financeiras para asistir as solicitudes da medida anterior.

Liña G. Seguimento de mercado.

Liña G.2. Realización de estudos de mercado ou elaboración de proxectos piloto sobre novos produtos apícolas e/ou novas formas para presentalos.

Beneficiarios e requisitos

a) Aquelas persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións apícolas, incluídas aquelas de titularidade compartida mencionadas na Lei 35/2011, do 4 de outubro, sobre titularidade compartida das explotacións agrarias. Ademais, as persoas beneficiarias deberán cumprir coas obrigas establecidas no artigo 14 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

b) Cooperativas apícolas, organizacións representativas e asociacións de apicultores con personalidade xurídica propia, na medida que os seus integrantes cumpran os requisitos para seren beneficiarios dalgunha ou algunhas das axudas recollidas no Programa 2020-2022 (no sucesivo, entidades apícolas).

O prazo de presentación de solicituddes remata o 28 de xuño de 2021.

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=MR506A&ano=2021&numpub=1&lang=es
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=MR506B&ano=2021&numpub=1&lang=es
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210528/AnuncioG0426-140521-0001_gl.html