III Plan de rescate das persoas traballadoras autónomas (COVID-19)

ORDE do 9 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do III Plan de rescate das persoas traballadoras autónomas, profesionais e empresas particularmente afectadas pola crise da COVID-19 mediante axudas directas para o apoio á solvencia e redución do endebedamento do sector privado, a través do Programa I de persoas traballadoras autónomas en estimación obxectiva (TR600A), do Programa II de apoio ás persoas traballadoras autónomas individuais e persoas traballadoras autónomas ou empresas con ata 10 persoas traballadoras, ou de ata 25 persoas traballadoras cun volume de facturación de ata 2 millóns de euros (TR600B), e do Programa III de apoio ás persoas traballadoras autónomas ou empresas con máis de 10 persoas traballadoras, e cun volume de facturación de máis de 2 millóns de euros, ou empresas de máis de 25 persoas traballadoras (TR600C), e se procede á súa convocatoria para o ano 2021.

Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas cales se rexerá a convocatoria pública do III Plan de rescate da Xunta de Galicia, liña Covid, de axudas directas ás persoas traballadoras autónomas, profesionais e empresas en Galicia, financiadas cos fondos distribuídos polo Estado en virtude do establecido no título I do Real decreto lei 5/2021, do 12 de marzo, de medidas extraordinarias de apoio á solvencia empresarial en resposta á pandemia da COVID-19.

Para os efectos desta orde, as referencias feitas a persoas traballadoras autónomas comprenderán tamén as persoas empresarias e profesionais.

Este III Plan de rescate consta de tres programas:

Programa I de apoio ás persoas traballadoras autónomas en estimación obxectiva (TR600A).

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR600A&ano=2021&numpub=1&lang=es

Programa II de apoio ás persoas traballadoras autónomas individuais e persoas traballadoras autónomas ou empresas con ata 10 persoas traballadoras, ou de ata 25 persoas traballadoras cun volume de facturación de ata 2 mill de € (TR600B).

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR600B&ano=2021&numpub=1&lang=es

Programa III de apoio ás persoas traballadoras autónomas ou empresas con máis de 10 persoas traballadoras e cun volume de facturación de máis de 2 millóns de euros, ou empresas de máis de 25 persoas traballadoras (TR600C).

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR600C&ano=2021&numpub=1&lang=es

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día 14 de xuño ata o 14 de xullo de 2021, ambos inclusive.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210611/AnuncioG0599-090621-0003_gl.html