Proceso de selección de docente de froitocultura (sustitución) do P.E. Mocidade de Verín VI
14/01/2022
SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DO EMPRENDEMENTO EN ECONOMÍA SOCIAL
25/01/2022
Amosalo todo

SUBVENCIÓNS PARA SUFRAGAR GASTOS DE FUNCIONAMENTO DAS ENTIDADES ASOCIATIVAS DE COOPERATIVAS, SOCIEDADES LABORAIS, DE CENTROS ESPECIAIS DE EMPREGO E DE EMPRESAS DE INSERCIÓN

SUBVENCIÓNS PARA SUFRAGAR GASTOS DE FUNCIONAMENTO DAS ENTIDADES ASOCIATIVAS DE COOPERATIVAS, SOCIEDADES LABORAIS, DE CENTROS ESPECIAIS DE EMPREGO E DE EMPRESAS DE INSERCIÓN

ORDE do 29 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas de cooperativas, de sociedades laborais, de centros especiais de emprego e de empresas de inserción, e se convocan para o ano 2022 (códigos de procedemento TR802H e TR358D).

Programa I. Fomento e consolidación das asociacións de cooperativas e de sociedades laborais (procedemento TR802H).

Actividades e gastos subvencionables

1. Considéranse gastos de funcionamento subvencionables os que se indican a seguir:

a) Alugamentos de locais e equipamentos.

b) Gastos de persoal da asociación. Neste concepto só se terán en conta o salario base, os complementos de antigüidade e os asociados á categoría profesional ou ao posto de traballo, as pagas extraordinarias, así como as cotizacións sociais e as cantidades retidas en concepto de IRPF.

c) Axudas de custo e desprazamento.

d) Gastos de subministracións eléctricas, de telefonía, de gas e auga.

e) Primas de seguros.

f) Material de oficina, comunicacións e publicacións diversas.

g) Mantemento da páxina web da asociación e xestión de redes sociais, difusión e publicidade.

h) Servizos profesionais independentes, incluídos os gastos derivados do informe auditor da conta xustificativa a que se refire o artigo 31. En ningún caso serán subvencionables os gastos por servizos profesionais que poidan derivar da contratación dalgún membro dos órganos de goberno da entidade solicitante.

i) Cotas asociativas a entidades de intercooperación.

j) Gastos de participación do persoal pertencente á entidade beneficiaria en congresos, seminarios, xornadas e outras actividades de natureza semellante.

Programa II. Fomento e consolidación das asociacións de centros especiais de emprego e de empresas de inserción laboral (procedemento TR358D).

Actividades e gastos subvencionables

1. Considéranse gastos de funcionamento subvencionables os que se indican a seguir:

a) Alugamentos de locais e equipamentos.

b) Gastos de persoal da asociación. Neste concepto só se terán en conta o salario base, os complementos de antigüidade e os asociados á categoría profesional ou ao posto de traballo, as pagas extraordinarias, as cotizacións sociais e as cantidades retidas en concepto de IRPF.

c) Axudas de custo e desprazamento.

d) Gastos de subministracións eléctricas, de telefonía, de gas e auga.

e) Primas de seguros.

f) Material de oficina, comunicacións e publicacións diversas.

g) Mantemento da páxina web da asociación, e xestión de redes sociais, difusión e publicidade.

h) Servizos profesionais independentes, incluídos os gastos derivados do informe de auditoría da conta xustificativa a que se refire o artigo 38. En ningún caso serán subvencionables os gastos por servizos profesionais que poidan derivar da contratación dalgún membro dos órganos de goberno da entidade solicitante.

i) Cotas asociativas a entidades de intercooperación.

j) Gastos de organización ou participación en congresos, seminarios, xornadas e outras actividades de natureza semellante.

k) Gastos ocasionados pola elaboración de estudos e publicacións, pola realización de actividades de formación en Galicia ou pola implantación de proxectos ou programas de promoción dos centros especiais de emprego ou das empresas de inserción en Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220124/AnuncioG0599-291221-0007_gl.html
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR802H&ano=2022&numpub=1
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR358D&ano=2022&numpub=1&lang=es