AXUDAS Á REESTRUTURACIÓN E RECONVERSIÓN DA VIÑA

ORDE do 29 de marzo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas á reestruturación e reconversión da viña en Galicia e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento MR446A).

Condicións das solicitudes de reestruturación e reconversión da viña

Para poder acceder a estas axudas, deberanse cumprir as seguintes condicións:

1. A superficie total reestruturada e/ou reconvertida será, polo menos, dunha hectárea (1 ha) para as colectivas e 0,2 ha para as individuais.

2. O ámbito territorial das solicitudes non será superior ao dunha provincia, agás que se faga en terreos dunha denominación de orixe ou indicación xeográfica protexida (DOP/IXP) e que a súa zona de produción comprenda máis dunha provincia.

3. A parcela de viña, unha vez reestruturada ou reconvertida será, polo menos, de 100 m2. Malia o anterior, nos casos en que a medida se limite a accións de reenxerta e/ou cambio de sistema de condución, a superficie mínima será aquela con que a parcela figura no Rexistro Vitícola de Galicia.

4. A superficie máxima elixible será de 10 hectáreas por persoa viticultora e ano.

Investimentos subvencionables

1. O apoio á reestruturación e reconversión de viñedos só poderá concederse para unha ou varias das actividades seguintes:

a) A reimplantación de viñas.

b) A reconversión varietal.

c) A mellora das técnicas de xestión de viñas.

As accións de reestruturación e reconversión elixibles, as súas características e os seus baremos estándar de custos unitarios recóllense no anexo VI desta orde.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 2 de maio de 2022.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220330/AnuncioG0426-280322-0006_gl.html
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=MR446A&ano=2022&numpub=1&lang=gl