AXUDAS PARA A POSTA EN MARCHA DE CASAS NIÑO
03/03/2022
AXUDAS Á REESTRUTURACIÓN E RECONVERSIÓN DA VIÑA
01/04/2022
Amosalo todo

PROGRAMA DE INCENTIVOS PARA A IMPLANTACIÓN DE INSTALACIÓNS DE ENERXÍAS RENOVABLES TÉRMICAS EN DIFERENTES SECTORES DA ECONOMÍA

PROGRAMA DE INCENTIVOS PARA A IMPLANTACIÓN DE INSTALACIÓNS DE ENERXÍAS RENOVABLES TÉRMICAS EN DIFERENTES SECTORES DA ECONOMÍA

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2022 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos para a implantación de instalacións de enerxías renovables térmicas en diferentes sectores da economía, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento IN422N).

As axudas están destinadas a realización de instalacións de enerxías renovables térmicas nos sectores industrial, agropecuario, servizos e outros sectores da economía incluíndo o sector residencial.

Os requisitos das actuacións subvencionadas serán os establecidos no artigo 18 e no anexo I.AI.1 das bases reguladoras.

A concesión destas axudas realizarase en réxime de concorrencia non competitiva.

O prazo de presentación de solicitudes comezará ás 9.00 horas do día 20 de abril de 2022 e rematará 2 de xaneiro de 2024.

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=IN422N&ano=2022&numpub=1&lang=gl
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220331/AnuncioG0474-180322-0003_gl.html