Emprego e Formación
14/02/2016
Recadación
14/02/2016
Amosalo todo

Os Servizos Sociais Comunitarios Básicos da Mancomunidade de Verín, levan en funcionamento dende o ano 1990. Con posterioridade, no ano 1992 iniciouse a área de Servizos Comunitarios Específicos dedicados á atención temerá. (Consulte organigrama).
Na actualidade, un equipo multidisplinar formado por expertos en traballo social, psicoloxía comunitaria, pedagoxía, logopedia e psicoloxía infanto-xuvenil, é o encargado de avaliar, diagnosticar e intervir tanto a persoas adultas como adolescentes, nenos ou familias que así o precisen.
Este equipo de profesionais desenvolven as súas funcións nos concellos asociados, así como nas oficinas destinadas a esta fin situadas en Galerías Portas de Madrid, Rúa Muralla en Verín. (Google Maps).

Algúns dos servizos relacionados que estamos a ofrecer son os seguintes:

Servizos Comunitarios Básicos:

  • Programa de información e orientación

  • Programa de emerxencia social

  • Programa de axuda no fogar

  • Programa de educación familiar

  • Avaliación e diagnóstico das necesidades da poboación

  • Desenvolvemento e implantación de programas de intervención individual e/ou comunitario

Servizos Comunitarios Específicos- Atención Temperá: 

  • Programa de detección precoz e prevención en casos de risco
  • Programas de atención temperá (nenos 0-6 anos)
  • Diagnóstico interdisciplinar dos diferentes trastornos da infancia
  • Discapacidade
  • Orientación e apoio familiarConsulte o tríptico para coñecer mellor os servizo de atención temperáSe precisa máis información non dubide en poñerse en contacto con nós:

    Dirección Galerías Porta de Madrid 32600 Verín

    Teléfono 988.41.20.48

    Correo electrónico

    Administración: administracion@mancoverin.es

    Traballo Social: tsociales@mancoverin.es

    Psicoloxía Comunitaria: psprimaria@mancoverin.es

    Atención Temperá: a.tempera.verin @hotmail.com