A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín está a participar na prevención de incendios forestais mediante a realización de tratamentos preventivos en vías e camiños nos sete concellos que a conforman, a través da subscrición do convenio de colaboración coa Consellería de Medio Rural para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais durante o ano 2023, estando cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do PDR de Galicia 2014-2020. A axuda prestada é de 46.400 euros e son cofinancidaos polo FEADER nun 75%, 7,50% pola Administración Xeral do Estado e nun 17,50% pola Xunta de Galicia.