No ano 2017 a Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín adheriuse á Rede Eusumo, unha rede de colaboración cofinanciada polo Fondo Social Europeo e impulsada pola Consellería de Economía, Emprego e Indústria da Xunta de Galicia para o fomento do Cooperativismo e Economía Social.
Que é a Economía Social?
As cooperativas, xunto con outras entidades entre as que se atopan as sociedades laborais e os centros especiais de emprego, integran a denominada economía social. Esta economía é entendida como o conxunto de actividades económicas e empresariais, que no ámbito privado levan a cabo aquelas entidades que perseguen ben o interese colectivo dos seus integrantes ou ben o interese xeral económico ou social, ou ambos.
Xornadas que estamos a promover no 2017… Solicita a túa praza!
Cales son os valores e principios da economía social?
Os valores son:
- Axuda mutua
- Equidade
- Democracia
- Responsabilidade
- Igualdade
- Solidariedade
Os principios son:
- Adhesión voluntaria
- Autonomía e independencia
- Compromiso coa comunidade
- Cooperación entre cooperativas
- Fomento da educación
- Xestión democrática
- Participación económica
Cales son as nosas actuacións?
- Experiencias formativas baseadas na economía social na comarca de Verín
- Apoio técnico a tódalas persoas que queiran emprender un proxecto de economía social na comarca de Verín
As nosas iniciativas de Economía Social están financiadas polo Fondo Social Europeo e a Consellería de Economía, Emprego e Indústria da Xunta de Galicia.