Construído no siglo XV por Sancho Sánchez de Ulloa. No 1492 constrúese dentro do recinto o Hospital de Peregrinos. Foi no castelo de Monterrei onde se instalou a primeira imprenta galega. O Misal de Monterrei é considerado o primeiro libro impreso en Galicia.

O logo da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín representa un símbolo para a nosa comunidade, o Castelo de Monterrei.  O castelo foi construído no siglo XV por Sancho Sánchez de Ulloa, onde se instalou a primeira imprenta en Galicia. 

A nosa foi unha das 53 mancomunidades de municipios que se constituíron en toda España en 1.986, no primeiro ano dunha serie de dez, en que coa entrada en vigor da entonces nova Lei de Bases de Réxime Local a fórmula das Mancomunidades aparecía como unha nova posibilidade de mellora de prestación de servizos ós veciños, e de abaratamento dos seus custos ós concellos.

Foi recoñecida mediante o Decreto 287/1985. Agrupaba por aquel entonces a dez Concellos do surleste ourensán, cunha poboación de máis de 42.000 habitantes. Na actualidade está integrada por sete concellos, que son os de Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Verín e Vilardevós, cunha poboación aproximada de 25. 398 habitantes.

Hoxe, 30 anos despois, a Mancomunidade segue a traballar e a prestar ós veciños dos seus concellos, moitos e mellores servizos que no momento da súa creación.