Compráceme darlles a benvida a páxina web da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín. Confío en que este vehículo de comunicación lles permita acceder a toda a información que precise en relación ós nosos servizos e actividades.

JoseLuis-Presidente

José Luis Suárez Martínez

A nosa Mancomunidade formouse no ano 1.986, actualmente está integrada polos concellos de Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Verín e Vilardevós. Teño a honra de presidir esta entidade dende Xullo do 2015 xunto a un equipo de expertos e expertas en diferentes disciplinas.

O obxectivo do noso traballo é prestar ós veciños e veciñas dos concellos mancomunados unha serie de servizos, e colaborar no desenvolvemento social, económico e cultural da comarca de Verín, en cooperación coas diferentes administracións, empresas e organismos.

A través dos diferentes apartados de esta web atoparán información sobre como nos organizamos, quen somos e cales son as nosas actividades e obxectivos propostos. Invítolles a que consulten a documentación e programas elaborados polos nosos colaboradores, e que soliciten a información necesaria nas nosas oficinas situadas en Verín.

No noso ánimo está manter, mellorar e renovar esta páxina web así como cada un dos nosos servizos ofertados. Por esta razón, se ten algunha cuestión ou suxestión non dubide en poñerse en contacto con nós.

Agradecendo a súa visita e esperando a que sexa útil, envíolles un saúdo cordial.

José Luis Suárez Martínez