Emprego e Formación
14/02/2016
Amosalo todo

Medio Ambiente

O Servizo de limpeza e conservación de vías locais con maquinaria e de incendios forestais leva en funcionamento dende o ano 1993. A Mancomunidade conta con un parque móbil, con maquinaria específica para a limpeza e conservación das áreas inscritas para ditos servizos.
O Servizo de punto limpo leva en funcionamento dende o ano 2006. A instalación do mesmo acometeuse no 2004 -2005 pola Consellería de Medio Ambiente.

O Punto limpo está aberto de luns a sábado, dende as 10:00-13:30 en horario de mañá e 16:30- 20:15 en horario de tarde. Exceptuando os luns pola tarde que permanecerá pechado.

Para a recollida de mobles ou outros materiais nos diferentes concellos, deberán formular unha solicitude de recollida nas oficinas da Mancomunidade de Verín.

Se precisa máis información non dubide en poñerse en contacto con nós:
Dirección Polígono Industrial de Pazos, Parcela B 14
Teléfono 988.41.46.00