A Mancomunidade de Verín ofrece servicios de asesoramento a emprendedores, reunindo e estudando a documentación necesaria para poder ofrecer unha información completa e adaptada a cada tipo de emprendedor que demande información. 

Para poder ofrecer un asesoramento eficaz aos emprendedores é necesario, entre outras cousas:
– Coñecer tódalas formas xurídicas de creación de empresas existentes na lexislación española, as formas de tributación e a materia laboral.
– Estar informado/a das modificacións que poden sufrir as leis relativas á creación de empresas.
– Estar ao día de tódalas axudas e subvencións ás que poden optar tanto os emprendedores como os que xa teñen a empresa constituída.