Lista corrixida de admitidos para educador/ra social
09/05/2019
ES-POP UP. Muestra de Economía Social
22/05/2019
Amosalo todo

Subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas galegas de persoas autónomas

ORDE do 30 de abril de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas galegas de persoas traballadoras autónomas, e se convocan para o ano 2019 (código de procedemento TR358A).

  1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2019 das subvencións destinadas a sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas de Galicia de persoas traballadoras autónomas, coa finalidade de apoiar de forma eficaz a consecución e o cumprimento dos fins que lles son propios, a través do programa de axudas ás entidades asociativas de persoas traballadoras autónomas (código de procedemento TR358A).
  2. Esta axuda ten por finalidade sufragar os gastos de organización interna e funcionamento das entidades asociativas de persoas traballadoras autónomas de carácter intersectorial, coa finalidade de apoiar a consecución e o cumprimento dos fins que lles son propios.
  3. Para os efectos deste programa, enténdese por entidade asociativa de persoas traballadoras autónomas de carácter intersectorial aquela que conte con membros en, polo menos, dous sectores económicos entre os da agricultura, industria, construción e servizos.

Gastos subvencionables

  1. Serán subvencionables os gastos que, de xeito indubidable, respondan á natureza da actividade subvencionada, realizados no período comprendido entre o 1 de novembro de 2018 e o 31 de outubro de 2019. En ningún caso o custo dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.
  2. Consideraranse gastos subvencionables os seguintes gastos xerais:
  3. a) Gastos de persoal. Neste concepto só se terán en conta o salario base e as cotizacións sociais, incluídas as pagas extraordinarias.
  4. b) Arrendamentos de locais.
  5. c) Servizos profesionais independentes.
  6. d) Primas de seguros.
  7. e) Publicidade e propaganda.
  8. f) Material de oficina, fotocopias e imprenta.
  9. g) Gastos de subministracións eléctricas, de telefonía, de gas, de auga, de limpeza dos locais e aloxamento e mantemento da web.
  10. h) Cotas de subscrición a publicacións e inscrición en actividades e pola pertenza a outras organizacións autonómicas ou estatais.
  11. i) Gastos de organización ou participación en congresos, seminarios, xornadas e outras actividades de natureza semellante, incluídos os gastos de desprazamento e manutención. A contía da subvención polos gastos de desprazamento e manutención, por participar nestas actividades, non poderá superar o 50 % do seu custo.
  12. j) Gastos ocasionados pola elaboración de estudos e publicacións, pola realización de actividades de formación en Galicia ou pola implantación de proxectos ou programas de promoción do emprego autónomo en Galicia, en particular o programa de remuda xeracional dos negocios dos autónomos, incluídos, neste suposto, os gastos de desprazamento e manutención. A contía da subvención polos gastos de desprazamento e manutención por participar nestas actividades non poderá superar o 50 % do seu custo.
  13. k) Gastos de renting.
  14. En ningún caso serán subvencionables os seguintes gastos:
  • Os gastos de persoal e os gastos por servizos profesionais que poidan derivar da contratación dalgún membro dos órganos de goberno da entidade solicitante.
  • Os tributos considéranse gasto subvencionable cando a entidade beneficiaria da subvención os aboe efectivamente. En ningún caso se consideran gastos subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.

 

 

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 17 de xuño de 2019

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190516/AnuncioG0424-030519-0006_gl.html

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR358A