ReActiva Ourense 2024 – Emprendemento
31/05/2024
Amosalo todo

BONO REMUDA PARA O FOMENTO DA REMUDA XERACIONAL DE NEGOCIOS

BONO REMUDA PARA O FOMENTO DA REMUDA XERACIONAL DE NEGOCIOS

ORDE do 23 de maio de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2024 as axudas do Bono remuda para o fomento da remuda xeracional de negocios (código de procedemento TR353D).

Persoas e entidades beneficiarias. Requisitos

  1. Poderán ser beneficiarias do Bono remuda as persoas traballadoras autónomas, as persoas profesionais que estean dadas de alta no RETA, así como as persoas mutualistas, e as sociedades de calquera clase, incluídas as unipersoais e comunidades de bens, con domicilio fiscal en Galicia na data da solicitude, segundo a alta no imposto de actividades económicas ou no censo de obrigados tributarios da Axencia Estatal da Administración Tributaria, modelos 036 ou 037, sempre que cumpran os seguintes requisitos:
  2. a) O negocio obxecto de remuda debe ter o domicilio social e fiscal e/ou o centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia e un mínimo de antigüidade de 5 anos.
  3. b) Que non teñan transcorrido más de 12 meses entre a publicación desta orde e a baixa no RETA e no IAE da persoa titular do negocio, e que se trate da mesma actividade do negocio que se remuda e se desenvolva no mesmo local, se a actividade require a existencia deste. Para estes efectos, enténdese por mesma actividade a que que coincida polo menos a nivel de 2 díxitos da Clasificación nacional de actividades económicas (CNAE) ou cunha actividade equivalente.
  4. c) Que o negocio ou actividade obxecto de remuda estea inscrito na Bolsa de remuda da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego da Xunta de Galicia. (Poderá inscribirse de maneira presencial en calquera dos 12 polos activos na Comunidade Autónoma de Galicia ou a través da páxina web: https://polosemprendemento.gal/remuda-de-negocios). Exceptúanse deste requisito os negocios que fosen obxecto de remuda antes da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
  5. d) Que a transmisión se materialice mediante contrato de traspaso ou venda do negocio ou actividade, elevado a escritura pública, no cal, necesariamente, deberá constar o prezo total e a indicación expresa da remuda como obxecto do devandito contrato. Para os efectos da concesión de axudas, abondará cun acordo de transmisión asinado entre as partes implicadas en que figure, igualmente, o prezo total e o obxecto do devandito acordo.

No caso de transmisión de persoas autónomas societarias, detallarase a porcentaxe de accións ou participacións da sociedade que a persoa ou sociedade adquirinte pasa a posuír, que, necesariamente, deberá ser superior ao 50 % para obter a condición de beneficiaria.

O contrato conterá unha descrición detallada dos elementos que forman parte do traspaso.

  1. e) Que se realice o cambio de titularidade da licenza de apertura e/ou actividade no concello correspondente ou, de ser o caso, a comunicación previa do inicio da actividade ou da apertura do establecemento, nos casos en que así o requira a lexislación vixente.
  2. f) As beneficiarias deberán ter capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións desta axuda.
  3. A remuda que se subvenciona nesta orde ten que estar motivada pola proximidade da idade de xubilación da persoa titular do negocio ou por causas sobrevidas como a incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez, ou a morte; polo tanto, na persoa que traspasa o negocio, ten que se dar algunha das seguintes circunstancias:
  4. a) Ter unha idade próxima a xubilación (62 anos ou máis).
  5. b) Ser declarada en situación de incapacidade total ou absoluta ou grande invalidez recoñecida polos órganos competentes da Seguridade Social.
  6. c) Ser herdeiras da/s persoa/s titulares do negocio, no caso de falecemento destas.

Accións subvencionables, intensidade da axuda e prazo de execución

  1. O Bono remuda subvenciona o prezo, sen IVE, estipulado no contrato de remuda dun negocio ou actividade con domicilio social e fiscal e centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia que, previamente, estivese inscrito na Bolsa de remuda da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego. Exceptúanse deste requisito os negocios que fosen obxecto de remuda antes da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

1.1. A porcentaxe do prezo do contrato para subvencionar varía segundo a liña de axuda:

– Na liña 1. Bono remuda rural, subvenciónase o 75 % do prezo do contrato de remuda.

– Na liña 2. Bono remuda xeral, subvenciónase un 70 % do prezo do contrato de remuda.

1.2. No caso de que a persoa beneficiara da axuda acceda á remuda mediante o alugamento do local e/ou medios produtivos, o importe para percibir será o correspondente aos primeiros 18 meses de alugamento. O importe mensual do alugamento deberá figurar no contrato de remuda.

1.3. No caso de traspaso dunha sociedade e cando a remuda non inclúa a totalidade de participacións da sociedade, o importe da axuda será proporcional á porcentaxe de participación obxecto de remuda.

1.4. A intensidade da axuda, en calquera das liñas, poderá incrementarse un 5 % máis sobre o total cando se dea algunha das seguintes circunstancias, acumulables entre si:

– Que a persoa que adquire o negocio sexa unha muller.

– Que persoa que adquire o negocio sexa menor de 30 anos na data da solicitude.

– Que persoa que adquire o negocio teña os 52 anos feitos na data da solicitude.

– Que o negocio traspasado teña máis de 5 traballadores.

1.5. Igualmente, e no caso da liña 1. Bono remuda rural, a intensidade da axuda incrementarse un 10 % máis cando se dea algunha das seguintes circunstancias:

– Que a persoa que adquire o negocio sexa emigrante retornada.

– Que a persoa que adquire o negocio sexa estranxeira.

– Que a persoa que adquire o negocio estea empadroada na mesma localidade en que se atope o negocio ou actividade que se remuda con anterioridade á publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

1.6. A contía máxima subvencionable por remuda será de 30.000 euros.

  1. Para ser subvencionable o gasto deberá estar realizado e pagado no período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de outubro de 2024, salvo nos casos de acceso á remuda mediante o alugamento do local e/ou medios produtivos.
  2. Non se considerarán gastos subvencionables os impostos indirectos, como é o caso do IVE, cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación, segundo dispón o artigo 29.8 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

 

O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de outubro de 2024.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240606/AnuncioG0767-240524-0001_gl.html

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR353D&ano=2024&numpub=1&lang=gl