Este verán dende o C.I.M. da Mancomunidade de Verín estivemos a traballar nunha campaña de sensibilización sobre a importancia da corresponsabilidade e o reparto do traballo doméstico no fogar.

O resultado é un video que non deixará indiferente ás familias da nosa comarca!

A campaña  de sensibilización céntrase en concienciar sobre a carga mental que recae, maioritariamente, nas mulleres na xestión das tarefas domésticas e a corresponsabilidade no fogar. A través de testemuñas reais, que se recrean, a campaña ilustra as dificultades diarias que moitas persoas viven no seu día a día. A intención é destacar a importancia de compartir as tarefas e a corresponsabilización entre todas as persoas que forman parte do fogar, loitando contra os estereotipos e visibilizando a carga invisible que recae sobre unha das partes, maioritariamente as mulleres.

Metodoloxía:

A campaña emprega unha combinación de formatos visuais para mostrar testemuños reais e escenas recreadas de forma humorística:

  1. Recopilación de Testemuños
  2. Gravación e Creación de Contido
  3. Desenlace e Interludios
  4. Faladoiros entre as persoas participantes

 

Obxectivos:

 Entre os obxectivos específicos están:

  1. Promover a igualdade de xénero: Sensibilizar sobre a necesidade de eliminar os estereotipos de xénero que asignan roles específicos a homes e mulleres no fogar.
  2. Potenciar o diálogo familiar: Establecer espazos de conversa onde todos os membros da familia poidan expresar as súas opinións e necesidades en canto á distribución das tarefas.
  3. Educar sobre a corresponsabilidade: Informar á comunidade sobre como a corresponsabilidade non só beneficia á familia, senón que tamén contribúe ao benestar emocional e á saúde mental dos seus membros.
  4. Empoderar ás persoas: Motivar a homes e mulleres para que tomen un papel activo nas tarefas do fogar, recoñecendo que a corresponsabilidade é fundamental para construír relacións máis equitativas e satisfactorias.
  5. Crear conciencia social: Difundir a importancia da corresponsabilidade no fogar como paso imprescindible para unha sociedade máis xusta e equitativa.

 

Estas iniciativas buscan concienciar á sociedade sobre a importancia de compartir as tarefas domésticas, promovendo así un ambiente máis xusto e equilibrado.

En breve, poderedes ver este filme á través das nosas redes sociais no noso Instagram @mancoverincim e da nosa canle de Youtube. Nos vindeiros meses empregarase este contido para levar a cabo talleres dende o C.I.M. da Mancomunidade de Verín, especialmente en centros educativos e no tecido asociativo.

Esta campaña de sensibilización levouse a cabo grazas ao Programa Plan Corresponsables da Xunta de Galicia (Consellería de Promoción do Empleo e Igualdade da Xunta de Galicia), e o Ministerio de Igualdade do Goberno de España.