Hoxe celebrouse a Mesa de coordinación comarcal contra a violencia de xénero. Interveñen na mesa representantes da política comarcal; o presidente da mesa Diego Lourenzo Moura, teniente alcalde do Concello de Verín, Jose Luis Suárez Martínez en calidade de Presidente da Mancomunidade de Verín. Tamén asiste Ana Villarino Pardo alcaldesa do Concello de Oimbra, Marina Lovelace teniente alcaldesa do Concello de Vilardevós e María del Mar Valle Álvarez, do Concello de Castrelo do Val.

Presiden a mesa, María Alida Iglesias, como xefa provincial da Unidade contra a violencia de xénero da Subdelegación do Goberno de Ourense. Intervén Rodrigo Barba Alvedro, director xeral da Loita contra a violencia de xénero da Xunta de Galicia e a Ilma. Sra. María Iglesias Bueno en calidade de maxistrada do Xulgado de Verín.

Ademáis forman parte da mesa o persoal do CIM da Mancomunidade de Verín, persoal dos servizos sociais comunitarios, a garda civil (unidade viogen) e representantes dos centros educativos da comarca e das ONGs que interveñen na demarcación.

Na mesa fíxose mención das estatísticas e número de casos de violencia de xénero; un incremento sustancial do número de mulleres que sofren #violenciadexenero. Tamén se abordou a preocupante situación dos menores de idade afectados nestes casos de violencia. Dende os recursos sociais públicos dos Concellos e o CIM da Mancomunidade de Verín realizaronse diferentes peticións:
– Apertura urxente do PEF – Punto de Encontro familiar, que sabemos que está en marcha.
– A importancia de retomar a UCA (Unidade de Condutas Aditivas) no Hospital de Verín para prestar servizo ás familias que o precisen.
– Apertura de garderías públicas para favorecer a conciliación familiar e laboral das familias.
– O valor dun centro cívico para a xuventude onde poder proporcionar oportunidades de ocio de calidade e tamén formación.
– Tamén se solicitaron máis recursos para os servizos públicos que atenden estes casos.

Agradecemos a participación activa de todas as institucións, imprescindibles nesta área.