ACTA DE VALORACIÓN PEÓN E TÉCNICO FORESTAL – APROL RURAL
15/05/2025
Amosalo todo

I Encontro de mulleres xitanas pola defensa dos dereitos das mulleres e nenas da comarca de Verín

O C.I.M. Centro de Información á Muller da Mancomunidade de Verín organiza o I Encontro de mulleres xitanas pola defensa dos dereitos das mulleres e nenas da comarca de Verín, subvencionado polo Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero dos concellos de Verín, Monterrei, Oimbra, Laza, Castrelo do Val, Vilardevós e Cualedro.  Trátase do primeiro encontro comarcal destinado a fomentar a convivencia, apoderamento e aprendizaxe coletivo entre mulleres xitanas e payas do municipio. Unha introdución ó Feminismo Romaní presentado por dúas mulleres referentes na loita contra a violencia da «Asociación Gitanas Feministas por la Diversidad»  en coordinación coa oficina do Pan Xitano dos Servizos Sociais Comunitarios Básicos do Concello de Verín e o persoal do Centro da Muller. Ademáis tamén dinamizaremos un taller educativo en educación primaria en Verín.  Actividade 100% subvencionada!

Todalas mulleres da comarca son benvidas a compartir con nós nesta xornada de reflexión e convivencia. Convidaremos a un Café e almorzo a media mañán. (Aforo limitado a 30 persoas). Se quere saber máis sobre as actividades do CIM pode encontrarnos en RRSS (Facebook e Instagram).
FORMULARIO DE SOLICITUDE https://forms.gle/1ydfpbUYJ9c3xx189
 
PROGRAMA DA XORNADA FORMATIVA: 
10:00h. Benvida a xornada, Rosario Rodriguez Delgado, Concelleira dos Servizos Sociais de Verín
 
Presentación pola Directora do CIM, Técnica de Igualdade do CIM, Traballadora Social do Plan Xitano e Formadora de Gitanas Feministas por la Diversidad. 
 
1. Breve aproximación á historia do pobo xitano con perspectiva de xénero
1.1. Orixes
1.2. Chegada a Europa e á península
1.3. Leis e pragmática antixitana
11:30h- 12:00h. Pausa para café, aperitivo e charla (convite) 12:00h.  O antixitanismo
2.1. Estereotipo e prexuízo
2.2. Imaxe da muller xitana. As mulleres xitanas no imaxinario colectivo
23. Antixitanismo.
2.4. Xitanos, racismo e sistema penal

14:00h. Feminismo xitano. Análise e propostas
Charla de conversa final.