I Encontro de mulleres xitanas pola defensa dos dereitos das mulleres e nenas da comarca de Verín
15/05/2025
Amosalo todo

Comunicado de repulsa contra a violencia de xénero

O 27 de maio de 2025, no Concello de Verín procedeuse a ler un comunicado de repulsa contra a violencia machista:

Expresamos a nosa repulsa en relación ós últimos casos de violencia de xénero que afectaron á nosa provincia e á nosa comunidade. Condenamos enérxicamente calquera acto de violencia de xénero, sexa física, psicolóxica, sexual ou económica. Rexeitamos categóricamente a violencia machista e expresamos dende aquí o noso compromiso máis firme na loita contra esta lacra social.

A violencia de xénero fai dano ás mulleres, aos nenos e nenas, ás familias e á nosa comunidade. Afecta gravemente á nosa seguridade, á nosa saúde e ao noso benestar. Non podemos tolerar que as mulleres sufran estes abusos e maltrato en silencio. Non podemos mirar para outro lado, sendo conscientes de que hai veciñas no noso municipio que se ven afectadas e sofren por esta realidade.

Somos coñecedoras de que se están transmitindo discursos negacionistas, que negan, rexeitan, minimizan e incluso ridiculizan a violencia de xénero. Transmítense novas correntes antifeministas que negan a evidencia e perpetúan a violencia cara ás mulleres. É urxente a tolerancia cero cara a estes discursos misóxinos que negan a desigualdade e o sufrimento das mulleres.

En momentos como este, é importante transmitir unha mensaxe claro á nosa comunidade: “a violencia de xénero” non é un problema individual, senón un problema social que afecta á sociedade en conxunto, afecta a todos e todas. Non temos un perfil de vítima, calquera muller pode sufrir este tipo de violencia só polo feito de selo. Todas temos dereito a ser informadas, arroupadas e protexidas ante un acto destas características.

Queremos transmitir o noso apoio incondicional a esta familia que se viu impactada pola violencia de xénero. Instamos desde aquí ás autoridades e á xustiza a que se tomen medidas contundentes e exemplarizantes. Chamamos á nosa comunidade a sensibilizarse e concienciarse sobre a gravidade da violencia de xénero. Seguiremos poñendo ao dispor das veciñas os recursos de apoio social necesarios e intentemos entre todos e todas construír unha comunidade máis igualitaria. Non se darán máis datos persoais por respecto ás vítimas.