O CIM da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín, formará parte do proxecto Europeo “ESD Tool for Youth Empowerment” acollido pola entidade Amanzonas na cidade de Zadar en Croacia. O curso de formación terá lugar dende o 17 ate o 23 de xuño e acollerá a 18 participantes de diferentes países membros da Unión Europea, e en representación das diferentes entidades sociais asociadas.
Os obxectivos desta formación son os seguintes:
Capacitación profesional con coñecementos prácticos e habilidades na aplicación da metodoloxía EDS.
Desenvolver e adaptar obradoiros utilizando a metodoloxía da EDS para traballar con diferentes colectivos de mozos/as
Aumentar a capacidade dos participantes para traballar no autoempoderamento físico e emocional.
O CIM da Mancomunidade de Verín acollerá a 6 participantes, profesionais do ámbito social, educativo e da saúde de España e participará de xeito activo neste proxecto financiado 100% pola Unión Europea.