O C.I.M. da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín, particiou de xeito activo e como entidade asociada nun proxecto Erasmus “ESD for Youth Empowerment” para profesionais que están na primeira liña de intervención en casos de violencia. O proxecto levouse a cabo dende o 17 ó 23 de xullo na cidade de Zadar, en Croacia, acollida pola entidade colaboradora Amazonas con sede en Zagreb. 

O Centro de Información á Muller da Mancomunidade de Verín mobilizou a cinco profesionais que atenden en España. Participaron un total de 18 profesionais residentes en España, Croacia, Bulgaria e Eslovenia. 

Durante o proxecto, Gentiana Susaj, entrenadora de ESD Global formou a todas as participantes no Método ESD e tamén con enfoque de trauma (trauma-informed) coa finalidade de apoiar ás profesionais na súa propia autodefensa, e como futuras trainers que poden chegar a introducir este método nas súas comunidades. Ademais, as formadoras puideron intercambiar experiencias de traballo e retos aos que teñen que facer fronte no seu día a día atendendo casos de violencia e mesmo nas casas de acollida. 

O método ESD, significa Empowered Self Defense. Consiste nun enfoque integral de seguridade persoal que busca facer as persoas de ferramentas para previr e responder á violencia, desde o acoso verbal ata situacións que poñan en perigo a vida. Céntrase no apoderamento individual, a toma de decisións informadas e o desenvolvemento de habilidades tanto verbais como físicas. A diferenza da maioría das clases de artes marciais e defensa persoal que non se centran no apoderamento, as estudantes de ESD aprenden habilidades de comunicación baseadas no apoderamento, prevención da violencia e evitación, xunto co adestramento en golpes físicos. As instrutoras de ESD ensinan mediante o recurso mnemotécnico de Pensar, Berrar, Correr, Loitar, Contar.

O CIM da Mancomunidade de Verín remata o ano con dúas colaboracións directas en proxectos europeos coa finalidade de mellorar as habilidades do persoal do centro e intercambiar boas prácticas e experiencias con outras entidades europeas.