O C.I.M. Centro de Información á Muller da Mancomunidade de Verín organiza o I Encontro de mulleres xitanas pola defensa dos dereitos das mulleres e nenas da comarca de Verín, subvencionado polo Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero dos concellos de Verín, Monterrei, Oimbra, Laza, Castrelo do Val, Vilardevós e Cualedro. Trátase do primeiro encontro comarcal destinado a fomentar a convivencia, apoderamento e aprendizaxe coletivo entre mulleres xitanas e payas do municipio. Unha introdución ó Feminismo Romaní presentado por dúas mulleres referentes na loita contra a violencia da «Asociación Gitanas Feministas por la Diversidad» en coordinación coa oficina do Pan Xitano dos Servizos Sociais Comunitarios Básicos do Concello de Verín e o persoal do Centro da Muller. Ademáis tamén dinamizaremos un taller educativo en educación primaria en Verín. Actividade 100% subvencionada!
14:00h. Feminismo xitano. Análise e propostas
Charla de conversa final.