
O proxecto Respira VI (6ºedición) é un proxecto organizado polo Centro da Muller (C.I.M) da Mancomunidade de Verín e subvencionado pola Consellería de Política Social e Igualdade (Xunta de Galicia) e con apoios de Financiación da Unión Europea.
Trátase dun proxecto de convivencia para nais e seus fillos/as, que residen nos sete concellos da Comarca de Verín. Teñen preferencia as mulleres que foron atendidas polo CIM e tamén, polos Servizos Sociais Comunitarios. Un programa 100% subvencionado.
Qué esperar do Proxecto Respira?
- Unha oportunidade de apoderamento para as mulleres e en compañía de seus fillos/as
- Un entorno seguro. Todas as participantes son mulleres.
- Deporte, retos deportivos en familia, experiencias novas e un espazo para sanar.
- Experiencia de convivencia entre mulleres e fortalecemento do vínculo nais – fillos/as
- Terapia asistida con cabalos. Introdución ó mundo dos cabalos.
- Profesionais con ampla experiencia na terapia asistida con animais, psicoloxía, educación e dinamización deportiva…
Por motivos de seguridade e confidencialidade non daremos datos públicos da localización exacta do proxecto. Tampouco podemos facer fotos mentres levamos a cabo o proxecto, nin doutros/as participantes.
Que esperamos dende o CIM das participantes?
- Que poidan dispoñer do tempo necesario para o proxecto (4 días faremos unha experiencia intensiva)
- Abertas ó cambio e a emprender retos novos
- As nais serán as responsables de velar pola integridade de seus fillos/as durante o proxecto
- Puntualidade, xa que levaremos actividades programadas
- Buscamos nais que se involucren na participación das actividades, dinámicas etc.
Que ofrecemos dende o CIM con esta experiencia?
- Un espazo seguro onde poder sanarnos
- Oportunidades de ocio de calidade e diversión en compañía dos nenos/as
- Educación en igualdade e espazos para conciliar (dispoñemos de coidadoras)
- Espazo individual para cada familia. Respetamos 100% preferencias en canto a dieta, liberdade relixiosa e outras preferencias.
- Optimismo e resiliencia!!!!
Se queres solicitar praza podes encher o formulario en liña do Centro de Información á Muller facendo clic no seguinte enlace https://forms.gle/TFnKMj2jvkYPiSME9