Cursos con Certificado de Profesionalidade
05/08/2025
Contratación de persoal para fabricación de vehículos militares
19/09/2025
Amosalo todo

Solicita praza na oferta formativa de cursos AFD da Mancomunidade de Verín

DIPLOS é unha plataforma en liña na cal podedes consultar os cursos de forma
ción profesional da Mancomunidade de Verín CIM, ver o nivel, os contidos do certificado, requisitos de acceso e tamén datas previstas para a formación. Non perdas a túa praza!
Segue os pasos:
1. Accedemos a páxina web. No buscador web escribimos Diplos Xunta de Galicia. https://diplos.xunta.gal/diplos#/
2. Na páxina web podemos poñer no buscador Verín e sae toda a oferta formativa que temos planificada https://diplos.xunta.gal/diplos/cursos…
3. Na actualidade aparecen 6 cursos de formación que está planificando a entidade:
– Actividades de xestión administrativa
– Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais
– Confección e publicación de páxinas web
– Limpeza en espazos abertos e instalacións industriais
– Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais
– Organización e xestión de almacéns
4. Consulta os prazos, horarios, requisitos de acceso etc. en cada apartado
5. IMPORTANTE! Estás interesado/a nalgunha formación? Vai ó apartado de INSCRIPCIÓN (ventaniña azul na parte superior dereita)
6. Podes acceder coas credenciais (contrasinal) que empregas no SEPE ou ben mediante DNI electrónico/ certificado dixital ou Chave 365. Atención! É requisito imprescindible estar anotado/a na Oficina de Emprego, ben como solicitante de emprego ou mellora. (Se non o estás, apúntate!).
Non tes a Chave 365? Queres tela no teu teléfono? Podes acudir ó teu Centro de Saúde máis próximo e solicitala alí.
O DNI electrónico podes solitalo na comisaría da Policia Nacional https://www.dnielectronico.es/PortalDNIe/
No caso de ter dúbidas pode solicitar información chamando os números que ten adaptados a Mancomunidade de Verín: 629563795/988414600 ou acudindo ós puntos de orientación laboral.