A Mancomunidade de Verín impulsa unha campaña de prevención no Entroido 2026 baixo o lema “O único colocón, a mitra do Cigarrón”
16/02/2026
Amosalo todo

ABERTO PRAZO DE INSCRIPCIÓN: Crecendo en Comunidade: talleres para familias corresponsables da Comarca de Verín

Dende o Centro de Información á Muller (CIM) e os Servizos Sociais Comunitarios poñemos en marcha o programa “Crecendo en Comunidade”, unha iniciativa dirixida a familias da comarca de Verín co obxectivo de fomentar a crianza en comunidade. Traballaremos moitos temas da crianza que van dende o embarazo saudable, a lactancia materna, a alimentación, os primeiros auxilios, o uso das pantallas e videoxogos así como diferentes retos que presenta a infancia e a adolescencia.

Os talleres son 100% subvencionados (gratuítos para as familias)

A través de sesións participativas e dinámicas, traballaranse aspectos clave como a organización do fogar, a educación en igualdade e o desenvolvemento de habilidades parentais.

 Inscricións abertas
As persoas interesadas poden solicitar praza a través dos seguintes medios:

As prazas son limitadas.

Animámosvos a participar nesta experiencia de aprendizaxe e crecemento en familia.

Os talleres que estamos a organizar son os seguintes: (poden sufrir certas modificacións en función das necesidades de organización do centro):

TALLERES: CRENCENDO EN COMUNIDADE

BLOQUE I: COÑECENDO AS NECESIDADES DE SAÚDE DOS NENOS E NENAS

  1. Taller “primeiros auxilios para pais e nais”: Manobras ante un posible caso de asfixia.
  2. A alimentación complementaria como ferramenta de autorregulacion e desenvolvemento no bebé
  3. Botica de primeiros auxilios  na infancia: Cando debo ir ate urxencias?
  4. Consellos para un fogar máis sostible: mellorar a calidade de vida e aforrar os custes

BOQUE II: A IMPORTANCIA DO APEGO SEGURO E O DESENVOLVEMENTO INFANTIL

  1. Desenvolvemento infantil, xogo e estimulación temperá
  2. Crianza con apego seguro: Descubrimos a importancia do apego
  3. O uso das pantallas: Consecuencias no desenvolvemento infantil
  4. Elixindo xoguetes aptos: Os xoguetes non teñen xénero!
  5. Parentalidade positiva: Que é e cales son os seus beneficios
  6. Modelos de crianza: Como poñer límites e normas
  7. Como falar para que os fillos/as escoiten: Mellorar a comunicación na familia

BLOQUE III: CANDO TODO CAMBIA NA FAMILIA: COMO ACOMPAÑARNOS MELLOR

  1. Corresponsabilidade e crianza en parella: Xestión do estrés e cansancio parental
  2. A familia tras a separación: como educar en equipo e poñer os fillos/as no centro

BLOQUE III: OS RETOS DA ADOLESCENCIA E O USO DAS REDES SOCIAIS E INTERNET

  1. Taller sobre o manexo do control parental: Parte I; por qué é imprescindible
  2. Taller sobre o manexo do control parental: Parte II; Instalar App e seguimento
  3. Adicción os xogos en liña: Como abordar este problema
  1. Benvidos/as  a adolescencia: Retos familiares
  2. Habilidades parentais para a resolución de problemas na adolescencia
  3. Bullying ou acoso escolar: Que lle acontece a meu fillo/a?

D       Diversidade sexual e cambios na sexualidade durante a adolescencia

BLOQUE IV: EMBARAZO, LACTANCIA MATERNA E PRIMEIROS COIDADOS

Esta formación prevé impartirse despois de decembro de 2026 pero podes anotarte e reservar praza no caso de ter interese.

  1. Preparándonos para a chegada do bebé: Expectativas reais da maternidade/paternidade
  2. O parto: información para vivir con confianza
  3. Iniciación á lactancia materna: as primeiras horas tras o parto
  4. Dificultades na lactancia e como resolvelas (unha aproximación)
  5. Extracción, conservación da leite e volta ao traballo
  6. Coidados básicos do bebé: hixiene, cambios de cueiro e signos de alerta
  7. O sono do bebé: por que chora?
  8. Os beneficios do porteo ergonómico
  9. A alimentación complementaria dende os 6 meses (Baby –Led Weaning). Parte 2.
  10. O autocoidado e a rede de apoio para previr a sobrecarga mental