MANIFESTO GAT

A Atención Temperá conta xa cunha breve pero intensa historia en España. A Federación Española de Asociacións de Profesionais da Atención Temperá participou activamente nesa historia: primeiro, como núcleo do Grupo de

Atención Temperá (GAT), que no ano 2000 publicou o Libro Branco; despois,

 

como Federación que, desde a súa constitución en 2001, achegou a súa experiencia para elaborar as liñas estratéxicas das redes autonómicas en toda España; como entidade que promoveu o gran acordo estatal para a mellora da Atención Temperá (BOE, 2025) e o desenvolvemento dun sistema unificado de estándares de calidade (CTI, 2026).

 

Non por casualidade, as familias identifican a Atención Temperá co nome e apelidos das profesionais que coordinaron o seu caso. Co nome e apelidos de todas elas, máis alá do modelo concreto que utilizasen na súa práctica asistencial (ver informe do Real Padroado sobre Discapacidade, 2024*).

Por iso, este ano o noso manifesto vai dirixido a todas elas.

Agora que a Atención Temperá comeza por fin a chegar aos milleiros de nenas e nenos e ás súas familias que a precisan, é o momento de destacar aquelas competencias e calidades que alimentan esta identificación entre profesionais e familias, e que as unen na práctica diaria:

  • A comprensión profunda do desenvolvemento infantil e do papel central da vinculación e do afecto en cada unha das súas etapas.
  • A disposición permanente para escoitar, dialogar, traballar en equipo, coordinarse e construír redes sociais de apoio.
  • O máximo respecto por todas as persoas coas que traballan, sexa cal sexa a súa situación, idade, raza, xénero, cor ou condición.
  • A atención e interese polas súas preocupacións e ilusións, así como a consideración constante dos seus tempos, ritmos e decisións.
  • A mirada proactiva e sensible cara á riqueza expresiva de tódalas nenas e nenos, á profundidade dos seus xogos e manifestacións.
  • O ofrecemento e cultivo dunha relación de confianza, estabilidade e continuidade.
  • O coñecemento profundo da realidade social da primeira infancia na contorna onde desenvolven o seu traballo, dos recursos públicos e das prestacións dispoñibles para a súa saúde, educación e coidado.

25 anos despois da constitución da nosa Federación, cremos que é o momento de recoñecer o esforzo realizado polas e polos profesionais da Atención Temperá.

*Estudo sobre o funcionamento e a mellora dos estándares de calidade nos servizos de atención temperá en España (2024). Real Padroado sobre Discapacidade e Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030.

Ver e descargar o manifesto en pdf