«A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín está a participar na prevención e defensa de incendios forestais, a través da subscrición do convenio de colaboración coa Consellería de Medio Rural e as Mancomunidades de Terra de Celanova, da Comarca do Carballiño e a do Ribeiro para o desenvolvemento dun Programa Piloto no que se establecen 16 brigadas de prevención e extinciónd e incendios, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Plan Estratéxico da Política Agraria Común (PEPAC) 2023-2027.

A axuda prestada é de 324.000 euros  e son cofinancidaos polo FEADER nun 80%, 16,00% pola Administración Xeral do Estado e nun 4,00% pola Xunta de Galicia.»