«A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín está a participar na prevención de incendios forestais mediante a realización de tratamentos preventivos en vías e camiños nos sete concellos que a conforman, a través da subscrición do convenio de colaboración coa Consellería de Medio Rural para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais durante o ano 2025-26, estando cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Plan Estratéxico da Política Agraria Común (PEPAC) 2023-2027.
A axuda prestada é de 49.000 euros e son cofinancidaos polo FEADER nun 80%, 16,00% pola Administración Xeral do Estado e nun 4,00% pola Xunta de Galicia.»
