SUBVENCIÓNS PARA APOIAR INICIATIVAS DE EMPREDEMENTO
06/02/2024
PROGRAMA EMPRENDOU EN FEMININO
11/03/2024
Amosalo todo

PAGAMENTOS DIRECTOS Á AGRICULTURA E GANDARÍA E AXUDAS AO DESENVOLVEMENTO RURAL

ORDE do 15 de marzo de 2023 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control (códigos de procedemento MR250A, MR239G, MR239K, MR239O, MR240D, MR241C e MR241D).

Os procedementos administrativos que se regulan nesta orde son os seguintes:

a) MR250A. Pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control (solicitude única).

b) MR239K. Solicitude de modificación do Sistema de información xeográfica de parcelas (Sixpac).

c) MR239G. Comunicación de cesión das axudas con cesión da explotación.

d) MR239O. Recoñecemento como entidade colaboradora.

e) MR240D. Solicitude de modificación da solicitude única.

f) MR241C. Solicitude de asignación de dereitos de pagamento básico da reserva nacional.

g) MR241D. Comunicación de cesión de dereitos.

Axudas directas e axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control

1. Axudas directas á agricultura e á gandaría:

a) Axuda básica á renda para a sustentabilidade.

b) Axuda redistributiva complementaria á renda para a sustentabilidade.

c) Axuda complementaria á renda para persoas agricultoras mozas.

d) Réximes en favor do clima, o ambiente e o benestar animal (ecorréximes) de acordo coas seguintes prácticas:

– Pastoreo extensivo.

– Illas de biodiversidade en superficies de pastos ou sega sostible.

– Rotación de cultivos con especies mellorantes.

– Sementeira directa.

– Cuberta vexetal espontánea ou sementada.

– Cuberta inerte.

– Establecemento de illas de biodiversidade.

e) Axudas asociadas:

– Axuda asociada para as persoas gandeiras de vacún de carne en extensivo.

– Axuda asociada para a engorda de tenreiros na explotación de nacemento.

– Axuda asociada para a engorda sustentable de tenreiros.

– Axuda asociada para a produción sustentable de leite de vaca.

– Axuda asociada para as persoas gandeiras de ovino e cabrún de carne en extensivo e semiextensivo.

– Axuda asociada para a produción sustentable de leite de ovella e cabra.

– Axuda asociada para as persoas gandeiras de ovino e cabrún en extensivo sen pastos, que pastorean restrollos, barbeitos e restos hortofrutícolas.

– Axuda asociada á produción sustentable de proteínas de orixe vexetal.

– Axuda asociada ao oliveiral con dificultades específicas e alto valor ambiental.

Todas as axudas citadas anteriormente son financiadas integramente polo Feaga.

2. As axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control (SIXC) son as seguintes:

– Medidas do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020:

a) Submedida 08.10 Prima anual de mantemento asociada ás axudas para a reforestación e para a creación de superficies forestais, cofinanciadas nun 75 % co Feader.

b) Submedida 08.20 Prima anual de mantemento asociada ás axudas para o establecemento de sistemas agroforestais, cofinanciadas nun 75 % co Feader.

c) Medida 13 Pagamentos a zonas con limitacións naturais e outras limitacións específicas, cofinanciadas nun 75 % con Feader.

• Submedida 13.10: pagamentos compensatorios en áreas de montaña.

• Submedida 13.20: pagamentos compensatorios en áreas con limitacións naturais.

– Intervencións do Plan estratéxico da PAC 2023-2027.

a) Intervención 65012. Compromisos agroambientais en superficies agrarias. Compromisos de cultivos sustentables, cofinanciada nun 80 % co Feader, solicitude de pagamento das seguintes subintervencións:

• Subintervención 65012.03: leñosos.

• Subintervención 65012.04: economía circular.

b) Intervención 65013. Compromisos agroambientais en superficies agrarias. Compromisos de fomento e xestión sustentable de pastos, cofinanciada nun 80 % co Feader, solicitude de pagamento das seguintes subintervencións:

• Subintervención 65013.01: extensificación de prados.

• Subintervención 65013.02: extensificación pastos arbustivos e arborizados.

• Subintervención 65013.03: complemento a gandarías extensivas en zonas con presenza de grandes carnívoros.

c) Intervención 65014. Compromisos agroambientais en superficies agrarias. Apicultura para a biodiversidade, cofinanciada nun 80 % co Feader, solicitude de pagamento da seguinte subintervención:

• Subintervención 65014.01: apicultura para a biodiversidade.

d) Intervención 6503. Compromisos agroambientais en agricultura ecolóxica, cofinanciada nun 80 % co Feader, solicitude de pagamento das seguintes subintervencións:

– Liña: cultivos agrícolas ecolóxicos.

• Subintervención 65030.17: conversión de cultivos agrícolas ecolóxicos.

• Subintervención 65030.18: mantemento de cultivos agrícolas ecolóxicos.

– Liña: Viñedos para vinificación ecolóxica.

• Subintervención 65030.19: conversión de viñedos para vinificación ecolóxica.

• Subintervención 65030.20: mantemento de viñedos para vinificación ecolóxica.

– Liña: gandaría ecolóxica.

• Subintervención 65030.21: conversión de gandaría ecolóxica.

• Subintervención 65030.22: mantemento de gandaría ecolóxica.

– Liña: apicultura ecolóxica.

• Subintervención 65030.23: conversión de apicultura ecolóxica.

• Subintervención 65030.24: mantemento de apicultura ecolóxica.

e) Intervención 65051. Compromisos de conservación de recursos xenéticos SIXC, cofinanciada nun 80 % co Feader, solicitude de pagamento das seguintes subintervencións:

• Subintervención 65051.01: razas gandeiras autóctonas en risco de erosión xenética.

• Subintervención 65051.02: conservación de variedades autóctonas vexetais en risco de erosión xenética.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240308/AnuncioG0426-280224-0002_gl.html
https://sede.xunta.gal/portada

Introducir o codigo correspondente no buscador da sede electronica.