A Atención Temperá conta xa cunha breve pero intensa historia en España. A Federación Española de Asociacións de Profesionais da Atención Temperá participou activamente nesa historia: primeiro, como núcleo do Grupo de
Atención Temperá (GAT), que no ano 2000 publicou o Libro Branco; despois,
como Federación que, desde a súa constitución en 2001, achegou a súa experiencia para elaborar as liñas estratéxicas das redes autonómicas en toda España; como entidade que promoveu o gran acordo estatal para a mellora da Atención Temperá (BOE, 2025) e o desenvolvemento dun sistema unificado de estándares de calidade (CTI, 2026).
Non por casualidade, as familias identifican a Atención Temperá co nome e apelidos das profesionais que coordinaron o seu caso. Co nome e apelidos de todas elas, máis alá do modelo concreto que utilizasen na súa práctica asistencial (ver informe do Real Padroado sobre Discapacidade, 2024*).
Agora que a Atención Temperá comeza por fin a chegar aos milleiros de nenas e nenos e ás súas familias que a precisan, é o momento de destacar aquelas competencias e calidades que alimentan esta identificación entre profesionais e familias, e que as unen na práctica diaria:
25 anos despois da constitución da nosa Federación, cremos que é o momento de recoñecer o esforzo realizado polas e polos profesionais da Atención Temperá.
*Estudo sobre o funcionamento e a mellora dos estándares de calidade nos servizos de atención temperá en España (2024). Real Padroado sobre Discapacidade e Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030.