
A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín, a través do CIM, organiza a formación “Prevención da violencia de xénero a través do SAD na Administración Local”, dirixida a reforzar a prevención e a detección de situacións de violencia de xénero no ámbito do Servizo de Axuda no Fogar (SAD).
As persoas que traballan de xeito autónomo no coidado de persoas maiores ou en residencias tamén poderán acudir á formación.
Esta é unha oportunidade para adquirir ferramentas e coñecementos que contribúan a unha atención máis segura, sensible e comprometida coa prevención da violencia de xénero.
A formación está destinada á área de maiores dos servizos sociais e ao Servizo SAD da comarca de Verín: Verín, Laza, Vilardevós, Castrelo do Val, Cualedro, Monterrei e Oímbra.
O Servizo de Axuda no Fogar ocupa unha posición única: entra cada día nos domicilios e mantén unha relación de confianza coas persoas usuarias. Esa proximidade convérteo nun recurso fundamental para detectar situacións de violencia que doutro xeito permanecerían invisibles, especialmente entre as mulleres maiores do rural.
A formación está dirixida a mellorar a detección, a prevención e a actuación ante situacións de violencia de xénero desde o SAD, aproveitando esa proximidade coas persoas usuarias no ámbito domiciliario.
Podes reservar a túa praza por calquera destas tres vías:
Ampliar
Seguimos traballando pola igualdade e por unha sociedade libre de violencia machista.
Centro de Información á Muller da Comarca de Verín. Atención presencial de 9:00 a 14:30 h.