
Ampliar
Verín, 23 de outubro de 2026. A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín resultou beneficiaria de dúas axudas da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia, convocadas pola Orde do 15 de xaneiro de 2026 para o financiamento de actuacións dirixidas a incrementar a ecoeficiencia na xestión dos residuos de competencia municipal (procedemento MT975X) e cofinanciadas nun 60 % pola Unión Europea no marco do programa Galicia FEDER 2021-2027. O importe total concedido ascende a 168.694,50 euros.
Liña 1 · Recollida separada de biorresiduos (exp. EELL-255-2026-RES): 18.694,50 €. Implantación e mellora da recollida separada dos biorresiduos (contedor marrón): subministración de contedores, caldeiros e bolsas compostables e campañas de sensibilización dirixidas ás familias e aos grandes xeradores (hostalaría, comercio e centros públicos), para que os restos de comida e de horta deixen de ir á fracción resto e se valoricen como compost.
Liña 2 · Vehículo para a recollida separada de biorresiduos (exp. EELL-255-2026-RES): 150.000,00 €. Adquisición dun vehículo específico para a recollida separada dos biorresiduos, que permitirá crear unha ruta diferenciada para esta fracción, garantir a súa trazabilidade e o seu transporte ata a instalación de tratamento para a súa valorización.
O obxectivo principal destas axudas é ampliar a capacidade de xestión de residuos municipais e o resultado que se pretende acadar é aumentar a cantidade de residuos que se recollen de xeito selectivo, en liña cos obxectivos do Plan de Xestión de Residuos Municipais de Galicia 2030 e da Lei 7/2022 de residuos e solos contaminados para unha economía circular.
As actuacións executaranse ao longo de 2026. A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín pide a colaboración da veciñanza para facer un bo uso dos novos servizos, dos que se irá informando a medida que entren en funcionamento.
Actuación cofinanciada pola Unión Europea no marco do programa Galicia FEDER 2021-2027 (taxa de cofinanciamento do 60 %) e pola Xunta de Galicia, Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.